DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2023/51-2).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de América, 38, 28028 Madrid, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 16 de febreiro de 2023, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo), no concello de Monforte de Lemos, para o cal presenta o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación, que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante o Acordo desta dirección territorial do 12 de xuño de 2023. Este acordo foi publicado no xornal El Progreso do 20 de xuño de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 3 de xullo de 2023, no taboleiro de anuncios da citada dirección territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos desta dirección territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan de que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os cales a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A esta dirección territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, de 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e sobre os órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece la estructura orgánica da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 24/2013 e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, o que causará a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto, e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta dirección territorial

RESOLVE:

Primeiro. Concederlle a autorización administrativa á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo), no concello de Monforte de Lemos, coas seguintes características técnicas principais:

– Substitución dos apoios existentes de formigón núms. BSE65IF5//17, BSDNNR61//18 e BSD781VQ//19 da LAMT MOF809 Regueiro 9 por dous novos apoios metálicos de tipo S-AL-C-1000-14 e outro de tipo S-AL-C-2000-16. Substitución das crucetas existentes dos apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 por crucetas de tipo H-35 e C-2.

– Retensado do condutor LA-110 do treito da LAMT MOF809 Regueiro 9, comprendido entre o apoios existentes núm. BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20, cunha lonxitude de 642 m.

Segundo. Conceder a autorización administrativa de construción para a execución do proxecto da instalación eléctrica Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo).

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e na hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no xornal El Progreso do 20 de xuño de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 3 de xullo de 2023, expostas no taboleiro de anuncios desta dirección territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, na rolda da Muralla, 70, 27071, Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo); presentado pola empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta dirección territorial.

Quinta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 14 de xuño de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Regulamentación LAMT MOF809 Regueiro 9 entre apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo)

Concello: Monforte de Lemos (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/51-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio nº

Sup. (m2)

1

99

461

Lameiros

Monte baixo

Descoñecido/a

BSE65IF 5//17

2.0

2

5

122

Lameiros

Prado

Descoñecido/a

BSDNNR 61//18

2.0

3

5

130

Lameiros

Prado

Descoñecido/a

BSD781 VQ//19

2.0