DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40754

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 3 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 116, do 17 de xuño) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 15 de xullo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 17.00 horas, na Aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2024

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal