DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 5 de xullo de 2024 Páx. 40753

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG número 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG número 121, do 27 de xuño), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 15 de xullo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal