DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 17 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se ordena retrotraer a tramitación do expediente de expropiacións IN407A 2010/268-1 ao momento de notificación do acto de ocupación e requirimento das follas de valoración de varios predios no concello de Teo.

Despois de comprobar que, por mor dun erro, non lles foi comunicado ás persoas titulares dos predios número 78, 81, 84, 87, 88 e 101 do expediente IN407A 2010/268-1 (Lousame-Tivo) o acto de ocupación e requirimento da folla de valoración. En consecuencia, retrotráese para estes predios o procedemento ata a fase indicada.

A copia da acta previa e da folla de depósito están ao dispor das persoas titulares no departamento de expropiacións da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 17 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de persoas interesadas

Predio núm. 78: herdeiros de Javier Gómez Rodríguez.

Predio núm. 81: Ramón Seage Prada.

Predio núm. 84: José Ríos Noya.

Predio núm. 87: María Alfonso Beis.

Predio núm. 88: Brenda e Olalla Carrillo Campelo. Herdeiros de Manuela Solla Tarela.

Predio núm. 101: María Puente Núñez.