DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2019/5/27 e vinte e dous máis.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas, as persoas interesadas que a continuación se relacionan, das resolucións ditadas nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das ditas persoas interesadas.

Os expedientes están á disposición das referidas persoas interesadas ou das persoas que as representen debidamente acreditadas, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rolda da Muralla, nº 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non faceren, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, ante o xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 11 de xuño de 2024

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

Efectos xurídicos

Data da resolución

2019/5/27

34318858Y

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

2.2.2024

2021/87/27

45147422D e X3611722D

Mantemento de medida administrativa e concesión de recurso

9.2.2024

2018/126/27

Y0036289D

Mantemento de recurso

12.2.2024

2021/98/27

44519464

Mantemento de medida administrativa

26.2.2024

2023/92/27

42815959

Establecemento de medida administrativa

22.12.2023

2012/114/27

72797928F e P3C188541

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

21.2.2024

2022/88/27

53516359M

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

19.2.2024

2019/134/27

34298094B

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

16.2.2024

2022/144/27

44446861M

Mantemento de medida administrativa

19.2.2024

2021/93/27

X79907465L

Mantemento de medida administrativa e concesión de recurso

13.3.2024

2009/52/27

33306369T

Mantemento de medida administrativa e concesión de recurso

15.3.2024

2020/161/27

Y8526031Z

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

21.3.2024

2022/130/27

X8507770R

Mantemento de medida administrativa e concesión de recurso

27.2.2024

2010/24/27

34272831W e 34277892A

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

13.3.2024

2015/82/27

33332214Q

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

21.3.2024

2015/83/27

33332214Q

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

21.3.2024

2023/55/27

Y3322286L, X8987933Q e Relu Adir

Mantemento de medida administrativa

16.4.2024

2022/169/27

Y7614118M, AV336187 e Duvan Andrés López López

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

11.9.2023

2024/3/27

Vova Viacheslav, Marina Viacheslav

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

21.2.2024

2024/11/27

Valeria Roxana Lozano Moyano

Establecemento de medida administrativa

26.2.2024

2020/21/27

Fernanda Gabriela Matías Pinto

Establecemento de medida administrativa

18.3.2024

H0263146

Jesús González García

Traslado expediente

1.4.2024

2020/157/27

Abdelhakim

Modificación de medida administrativa

3.4.2024