DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 4 de xullo de 2024 Páx. 40627

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de maio de 2024 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade marisqueira nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, e nos bancos marisqueiros do Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia e do Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín (cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 94, do 15 de maio de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 29283, no artigo 4.2, nas letras e) e f), onde di:

«e) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no punto 1, letras a), b) do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:

– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 del Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.

– No marco do FEMP ou FEMPA, ter sido declarado culpable de cometer fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.

f) Non estar, nin ter estado involucrado nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, punto 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; nin estar, nin ter estado involucrado nos últimos 12 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro que enarbore o pavillón de países incluídos na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento».

Debe dicir:

«e) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no punto 1, letras a), b) do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:

– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.

– Estar ou ter estado involucrado, nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, punto 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; estar ou ter estado involucrado, nos últimos 12 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro que enarbore o pavillón de países incluídos na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.

f) No marco do FEMP ou FEMPA, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371».

Esta corrección non supón modificación do prazo de presentación de solicitudes.