DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pedrafita do Cebreiro

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial do sector do solo urbanizable delimitado surb-1.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria, do 23 de maio de 2024, aprobouse inicialmente o plan parcial do sector do solo urbanizable delimitado surb-1 do 9.5.2023, RE número 45/2023), promovido de oficio polo Concello de Pedrafita do Cebreiro e redactado pola empresa Monsa Urbanismo, S.L.

De conformidade cos artigos 47 da Lei do Solo de Galicia (en diante, LSG), e 86 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (en diante, RLSG), suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas para os seguintes actos dentro do ámbito delimitado para o desenvolvemento do plan parcial:

• Licenzas de obra de nova construción, demolicións e rehabilitación das construcións existentes, de ser o caso.

• Calquera acto de agregación/segregación ou parcelamento urbanístico.

• Actuacións que impliquen movementos de terras, excepto as derivadas das estritamente necesarias para a conservación dos terreos e desenvolvemento de actividades agrarias.

A suspensión de licenzas non será de aplicación nos seguintes casos:

• Obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

• A primeira ocupación.

• Proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a revisión ou modificación do deste, sempre que esta tivera sido aprobada inicialmente.

• Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

A duración da suspensión de dous anos, contados desde a aprobación inicial, extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva do plan parcial.

A área afectada pola suspensión é o sector do solo urbanizable delimitado surb-1 (polígono industrial) cunha superficie de 35.210 m2.

Sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no xornal El Progreso, na sede electrónica deste concello: http://concellopedrafita.sedelectronica.es e no Boletín Oficial del Estado (artigo 75 da Lei do solo de Galicia, e 207 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, e 44 da Lei do procedemento administrativo común). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).

O anuncio que se publique no Boletín Oficial del Estado (BOE) servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou ignorarse o seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese efectuar.

Así mesmo, o anuncio de información pública publicarase na páxina web do Concello (http://www.concellopedrafita.es/) (artigo 70.ter da Lei reguladora das bases de réxime local (LRBRL), 87 da LSG, 206 do RLSG, e 25.4 do texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana (TRLSRU).

O expediente completo estará á disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Pedrafita do Cebreiro, 30 de maio de 2024

José Luis Raposo Magdalena
Alcalde