DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 3 de xullo de 2024 Páx. 40563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa de peche a instalacións eléctricas no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/137-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa de peche das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 13.7.2023 polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: desmantelamento de paramenta do CT Barbantiño - 32CB69.

Situación: lugar de Arrabaldo, concello de Ourense.

Orzamento: 715,45 €.

Características técnicas:

Desmantelamento da paramenta do CT Barbantiño, de 100 kVA, situado en caseta.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo IV do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa de peche ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo para a realización do peche e desmantelamento de instalacións será de 6 meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución, producíndose a caducidade da presente autorización se, transcorrido aquel, a empresa eléctrica non comunica a finalización das obras, iso para o levantamento da acta de peche prevista no artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 10 de xuño de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense