DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40330

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2024 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza na categoría profesional de técnico/a superior de investigación (Pemade), grupo I, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de marzo de 2024 (DOG do 21 de marzo e BOE do 5 de abril de 2024), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (Pemade), grupo I, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de abril de 2024 (DOG do 10 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 9 de setembro de 2024, ás 10.00 horas, na sala de conferencias do edificio Cactus de Lugo

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela