DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40378

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO do 26 de xuño de 2024 polo que se publican a exposición das bases e a convocatoria para a selección do posto de director/a de Acción Cultural.

Anúnciase a exposición das bases e a convocatoria do proceso de selección para a provisión, mediante contrato de alta dirección subscrito ao abeiro do disposto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral do persoal de alta dirección, do posto de director/a de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/transparencia-e-goberno-aberto/informacion-de-persoal/convocatorias-procesos-selectivos

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia