DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40379

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Pracins e Rozadas

ANUNCIO da primeira convocatoria da asemblea xeral para a constitución da comunidade.

O que subscribe, Santiago Santos Rodríguez, veciño do lugar das Rozadas núm. 10, parroquia de Chandebrito, concello de Nigrán (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Pracíns e As Rozadas, por medio deste anuncio convoco a asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea terá lugar no parque biosaudábel de Pracíns o día 21 de xullo, ás 12.00 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte

Orde do día:

1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.

3. Designar os membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Nigrán, 25 de xuño de 2024

Santiago Santos Rodríguez
Representante da Comunidade de Usuarios de Pracíns e As Rozadas