DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Atalaya de Matogrande, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 20 de xuño de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social, da entidade Atalaya de Matogrande, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 6 de maio de 2024. O seu novo domicilio social é na rúa Enrique Mariñas, nº 36, 7º, oficina 3, concello da Coruña, provincia da Coruña (CP 15009).

A Coruña, 20 de xuño de 2024

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña