DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Terrazas de Ézaro, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 20 de xuño de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo número 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Terrazas de Ézaro, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do consello reitor de data 6 de maio de 2024. O seu novo domicilio social é rúa Enrique Mariñas, número 36, 7º, oficina 3, concello da Coruña, provincia da Coruña (código postal 15009).

A Coruña, 20 de xuño de 2024

Juan José Cruce Prego
Director territorial da Coruña