DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 2 de xullo de 2024 Páx. 40346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se convoca aos interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA CBD807, no concello de Ribadumia.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA CBD807, no concello de Ribadumia, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 19 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/001.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMTA CBD807.

Concello: Ribadumia.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36046A027007290000YZ

Salgueiral

Descoñecido

4 de setembro de 2024

12.00

6

2695508NH2029N0001BH

Casal-Lois

Descoñecido

4 de setembro de 2024

12.00