DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40086

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2024 pola que se nomea a persoal laboral fixo en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo, convocado mediante a Resolución do 29 de decembro de 2022 (Anuncio do 20 de decembro de 2022, Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

Mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 248, do 30 de decembro, anúnciase a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo do Igape.

Mediante a Resolución do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral do Igape (DOG núm. 112, do 14 de xuño), noméase a Comisión de Selección do referido proceso selectivo.

Mediante o Acordo do 8 de febreiro de 2024 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro) a Comisión de Selección publicou a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas aspirantes que foron admitidas na convocatoria do referido proceso selectivo.

Mediante o Acordo do 18 de abril de 2024 (DOG núm. 86, do 2 de maio) a Comisión de Selección fixo pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Aprobar a proposta da Comisión de Selección e nomear as persoas que se relacionan no anexo desta resolución persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), tras a superación do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

2. Notificarlles ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que deberán formalizar o seu contrato no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. A adxudicación definitiva das prazas ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo efectuarase de acordo coas puntuacións obtidas. A dita adxudicación efectuarase despois de que elixan destino definitivo as persoas que pertenzan ao cadro de persoal fixo do Igape que participen nos procedementos de provisión definitiva de postos que convoque o Igape, de acordo coa prelación que se establece na normativa de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Con todo, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado en tanto non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao amparo do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Persoas seleccionadas para a contratación como persoal laboral fixo

Categoría: técnico/a superior Igape

Orde

NIF

Apelidos e nome

1

***3064**

García Mato, María del Carmen

2

***7749**

Giráldez Riveiro, Ana María

3

***8455**

Núñez González, Ana

4

***3355**

Vieites Rodríguez, Roberto

5

***2989**

Conde Suárez, Placeres

Orde

NIF

Apelidos e nome

6

***9059**

Aguete Estévez, Antonio

7

***1474**

Fiuza Barreiro, Ana

8

***9805**

Balseiro Fraga, Isabel

9

***2008**

García Trillo, Fernando Manuel

10

***6860**

González Prieto, Belén

11

***3270**

Rey López, Lorena

12

***8200**

Laya Pazos, Cristina

13

***5664**

Fernández López, Antonio

14

***6929**

Rodríguez Carou, Silvia

15

***1397**

Arias Tarrío, Silvia

16

***9205**

De Castro Pena, María Ángeles

17

***8931**

Somoza Medina, Carmen

Categoría: técnico/a medio Igape

Orde

NIF

Apelidos e nome

1

***6703**

Barro Romeu, Yolanda

2

***3367**

Fernández Pérez, Alberto Ederaldo

3

***6144**

Domínguez Acuña, Francisco Antonio

4

***3451**

Castelo Abad, Lucía

5

***0845**

Pérez-Lafuente Freitas, Mónica

6

***8785**

Sangil del Río, María Concepción

Categoría: oficial administrativo Igape

Orde

NIF

Apelidos e nome

1

***9656**

Izquierdo Villar, Diana

2

***5040**

Rodríguez Gerpe, Juan Carlos

3

***6527**

Aparicio Díaz, Francisco Javier

4

***0552**

Rama Antelo, Silvia

5

***1272**

Rodríguez Mallo, Juan José

6

***5833**

Sánchez de Toca Silva, Susana

Categoría: auxiliar administrativo Igape

Orde

NIF

Apelidos e nome

1

***5892**

Mouriz Pantín, Susana

2

***9249**

Fernández Domínguez, Antía