DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de maio de 2024, da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de legalización de obras no concello de Ordes (expediente DH.W15.97104).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:

Solicitante: Jesús Manuel Caamaño Fernández.

DNI: ***2589**.

Expediente: DH.W15.97104.

Lugar: Fosado.

Parroquia: Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz).

Concello: Ordes (A Coruña).

Descrición das actuacións: as obras que se van legalizar consisten no recheo con terras e pedras nas parcelas catastrais 15060A507045250000LJ, 15060A507045260000LJ e 15060A507001950000LJ a unha distancia mínima aproximada de 32 m do río Cabrón. Os recheos teñen unha altura variable, ata un máximo de 2,0 m.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro