DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de xuño de 2024, da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Arteixo (expediente DH.W15.76685).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Juan José Lavandeira Pazos.

DNI: ***2832**.

Expediente: DH.W15.76685.

Lugar: Lamas.

Parroquia: Lañas (Santa Mariña).

Concello: Arteixo ( A Coruña).

Descrición das actuacións:

Peche de parcela, no polígono 372, parcela 5, mediante:

• Peche tipo 1: muro de peche con base de bloque de formigón recebado e pintado, sobre o que se dispón unha malla metálica. Neste muro disporase unha porta de acceso ao garaxe existente na vivenda.

• Peche tipo 2: muro de contención de bloques de perpiaño estremeiro co linde N. Disporase outro muro de peche de bloque de formigón recebado, sobre o que se dispón unha malla metálica.

• Peche tipo 3: muro de peche cara ao linde E con base de bloque de formigón recebado e pintado.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 6 de xuño de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte