DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40221

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de apertura dun novo trámite de información pública do expediente de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito D.1-AR3.

Por este anuncio faise público que o Pleno do Concello, na súa sesión do 24 de xuño de 2024, acordou abrir un novo trámite de información pública do expediente de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito D1-AR3, polo prazo de dous (2) meses, de conformidade co disposto no artigo 83.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 200.5 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, mediante este anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso.

Así mesmo, o dito documento estará ao dispor dos interesados nas oficinas do Concello de Xove.

Durante o dito prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas mediante escrito dirixido ao alcalde do Concello de Xove.

Xove, 26 de xuño de 2024

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde