DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2024.

Con data do 21 de xuño de 2024, foi ditada Resolución de Alcaldía pola que se aproba a oferta de emprego público do Concello de Carballedo para 2024, integrada polas prazas que se detallan:

Denominación da praza

Grupo

Vacantes

Acceso

Administrativo

C1

1

Promoción interna

Administrativo-contabilidade

C1

1

Promoción interna

Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do/da interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Carballedo, 21 de xuño de 2024

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde