DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40069

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Resolución do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN200A).

BDNS (Identif.): 770963.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias/os

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

a) Premio Artesanía de Galicia 2024.

b) Premio Traxectoria 2024.

c) Premio Bolsas Eloy Gesto 2024.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 21.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

Premio Artesanía de Galicia 2024.

Dotación de 9.000,00 € e trofeo acreditativo.

Premio Traxectoria 2024.

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

Premio Bolsas Eloy Gesto 2024.

Ata tres bolsas de formación de 4.000,00 € cada unha e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de setembro de 2024 e remata ás 14.30 horas do 27 de setembro de 2024.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo