DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40046

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 16, do 23 de xaneiro), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2024.

Logo de ver as solicitudes de subvencións destinadas ao equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas entidades locais de Galicia e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Tras finalizar a tramitación establecida nos artigos 8, 9, 10 e 11 da orde de convocatoria para as solicitudes presentadas, realizouse o procedemento de exame e valoración destas, consonte os criterios establecidos no artigo 15 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas corresponde á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades segundo o establecido no artigo 17 da convocatoria, na actualidade Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con motivo da aprobación da nova estrutura das consellerías, establecida nos decretos 48/2024, pola que se establecen os órganos superiores e de dirección da Xunta de Galicia, e 49/2024, pola que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elevada pola Dirección Xeral de Cultura a partir do informe da Comisión de Valoración creada ao abeiro do artigo 14 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Conceder as axudas sinaladas no anexo I ás entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, por importe de 500.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 43.03.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de novembro do ano 2024, de acordo co establecido no artigo 23.1 da orde de convocatoria.

As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cómpre notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO I

Relación de entidades e proxectos subvencionados

Núm. de expediente

NIF

Concello

Proxecto

Subvención

2024-0001

P3208000D

Taboadela

Rehabilitación da casa reitoral para creación da Casa da Cultura

22.500,00 €

2024-0002

P1508700J

Trazo

Equipamento da Biblioteca Pública Municipal

5.000,00 €

2024-0004

P2700300C

Antas de Ulla

Equipamento informático BPM

2.300,00 €

2024-0011

P2704900F

Portomarín

Instalación de ascensor para centro cultural, museo de artes e tradicións populares

22.500,00 €

2024-0012

P3604300H

Ponte Caldelas

Equipamento para a BPM de Ponte Caldelas

4.000,00 €

2024-0013

P3600600E

Cambados

Proxecto obra mellora Axencia Lectura Xacobe Castro

10.400,00 €

2024-0020

P2706700H

Viveiro

Equipamento informático BPM

1.500,00 €

2024-0024

P1507600C

Sada

Mellora das instalacións escénicas Casa da Cultura Pintor Llorens

11.500,00 €

2024-0025

P3603500D

Nigrán

Equipamento BPM

8.000,00 €

2024-0027

P1508800H

Valdoviño

Equipamentos portátiles e autofalantes

1.700,00 €

2024-0028

P3600048G

Cerdedo-Cotobade

Elevación do falso teito

19.000,00 €

2024-0029

P3202000J

O Carballiño

Mellora de equipamentos auditorio

4.500,00 €

2024-0031

P3602500E

A Lama

Posta en funcionamento de centro de Interpretación

2.200,00 €

2024-0032

P3200700G

Bande

Adquisición de equipamento para a BPM

7.400,00 €

2024-0046

P1500800F

Bergondo

Renovación equipamentos informáticos edificio sociocultural

4.900,00 €

2024-0047

P1500400E

Ares

Realización de investimentos para dotar de medidas de seguridade a biblioteca pública municipal

21.000,00 €

2024-0049

P2705400F

Riotorto

Equipamento tecnolóxico e xeral para o Centro Sociocultural Avelino Díaz

3.000,00 €

2024-0056

P3202100H

Cartelle

Instalación de equipo de climatización na biblioteca pública municipal

800,00 €

2024-0059

P1506600D

Padrón

Mellora e modernización da biblioteca municipal

18.000,00 €

2024-0060

P3605300G

Soutomaior

Investimentos de mellora na Biblioteca Pública Municipal Luis Seoane de Arcade

3.100,00 €

2024-0061

P2705200J

Ribas do Sil

Mellora dos locais culturais do Xeoparque Montañas do Courel

13.500,00 €

2024-0068

P2706000C

Taboada

Equipamento escola de música municipal

2.800,00 €

2024-0069

P3200800E

Baño de Molgas

Posta en funcionamento de sala de lectura na Casa do Concello

22.000,00 €

2024-0073

P1506000G

Ordes

Equipamento de la biblioteca pública municipal

2.500,00 €

2024-0075

P2700700D

Begonte

Posta en funcionamento escola de música municipal

13.200,00 €

2024-0079

P1508300I

Teo

Dotación equipamento Biblioteca do Grilo

1.700,00 €

2024-0080

P1504400A

Malpica de Bergantiños

Cableado estruturado do servizo internet ao auditorio do centro cívico de Malpica

2.400,00 €

2024-0087

P2704700J

A Pobra do Brollón

Novos espazos na biblioteca pública municipal

14.800,00 €

2024-0093

P2704400G

A Pastoriza

Instalación de sistemas de seguridade no centro de interpretación e castro Saa

3.100,00 €

2024-0094

P3604700I

Rodeiro

Obras de reforma e mellora da accesibilidade do Centro Cultural Manuel Lamazares

22.500,00 €

2024-0096

P2706800F

Burela

Mellora da accesibilidade e adquisición de equipamento para a Casa da Cultura

13.400,00 €

2024-0097

P1502800D

Corcubión

Posta en funcionamento de Casa Museo dentro da Casa da Cultura

6.500,00 €

2024-0101

P1509300H

Vimianzo

Equipamento auditorio de Vimianzo

19.500,00 €

2024-0102

P1506700B

O Pino

Equipamento biblioteca pública municipal

18.400,00 €

2024-0105

P1505800A

Noia

Sistema de extinción automática no arquivo municipal

15.700,00 €

2024-0106

P1502200G

Cedeira

Adquisición material de iluminación e son

8.700,00 €

2024-0107

P3604000D

Portas

Obras de reparación da cuberta

21.000,00 €

2024-0116

P2703900G

Outeiro de Rei

Mellora de accesibilidade para a posta en funcionamento a centro cultural

20.000,00 €

2024-0121

P2702400I

O Incio

Dotación de climatización para o local sociocultural do Val do Mao

5.000,00 €

2024-0128

P3605400E

Tomiño

Instalación de alarma e dotación de panos no Auditorio de Goián

11.500,00 €

2024-0129

P3206400H

A Pobra de Trives

Mellora, accesibilidade e acabados na Casa da Cultura

21.500,00 €

2024-0131

P1505600E

Neda

Subministración de equipamento na biblioteca pública municipal

19.000,00 €

2024-0133

P1504200E

A Laracha

Obras de mellora no local de usos culturais (Centro Sociocultural Paiosaco)

7.500,00 €

2024-0135

P1504100G

Laxe

Melloras de accesibilidade, acondicionamento e do equipamento técnico da biblioteca pública municipal

5.000,00 €

2024-0140

P3203100G

Entrimo

Creación Aula TIC na biblioteca pública municipal

19.500,00 €

2024-0142

P1503300D

Dodro

Melloras accesibilidade nos aseos da Casa da Cultura

16.000,00 €