DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2024 de convocatoria para o pagamento do prezo xusto no expediente expropiatorio IN407A 2020/200-1, Ordes, predio 1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE. Este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Ao abeiro do disposto no artigo 49 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, esta dirección territorial sinalou o día 5 de setembro de 2024, ás 10.00 horas, para que, nas dependencias da Casa Consistorial do Concello de Ordes se leve a cabo o acto de pagamento do prezo xusto pola ocupación da finca de referencia.

Os pagamentos faranse de acordo co previsto no artigo 3 da Lei de expropiación forzosa ás persoas propietarias ou titulares do dereito expropiado, que presentarán o título de propiedade e o DNI para a súa identificación. No caso de que o/a titular non poida comparecer ou compareza alguén que actúe en representación dunha pluralidade de titulares, ese representante deberá acreditar a súa condición mediante poder de representación ou documento privado asinado polo/a titular ou titulares e, igualmente, achegar copia do seu DNI, así como os dos seus representados/as.

Se a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia se atopa impugnada ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, o/a titular terá dereito a que se lle pague a cantidade ata o límite en que exista conformidade, segundo dispón o artigo 50.2 da Lei de expropiación forzosa.

Así mesmo, no suposto de que o pagamento non poida efectuarse no día sinalado, a entidade beneficiaria consignará a indemnización na Caixa de Depósitos da Consellería de Facenda, consignación que será notificada aos expropiados xunto coas correspondentes instrucións para tramitar a desconsignación.

A Coruña, 19 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña