DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2022/336-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución do expediente de reclamación, logo de ser intentada sen éxito a notificación.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos unico (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015.

Pontevedra, 18 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2022/336-4.

Interesada: Elektron Comercializadora de Energía, S.L.

NIF: B27861715.

Acto notificado: resolución.