DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Broño-Pena-Landeira (Negreira, A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Broño-Pena-Landeira (Negreira, A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de xuño de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Broño-Pena-Landeira (Negreira, A Coruña)

DNI/Nome

Nº de propietario

Acto notificado

33140377E

722

Resolución do 8.5.2024

44821895R

447

Resolución do 8.5.2024

76507819K

795

Resolución do 8.5.2024