DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40022

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 162/2024, do 24 de xuño, polo que se nomea un membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia; nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo o 22 de maio de 2024,

DISPOÑO:

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a Xavier Labandeira Villot.

Santiago de Compostela, vinte e catro de xuño de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente