DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40021

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 161/2024, do 24 de xuño, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia; no artigo 9.e) do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo o 22 de maio de 2024,

DISPOÑO:

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, José Luis Míguez Tabarés.

Santiago de Compostela, vinte e catro de xuño de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente