DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 40003

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de requirimento para a xestión de biomasa vexetal de parcela (notificación infrutuosa).

Visto as actas de inspección das datas que figuran na seguinte táboa, comprobouse que na referida parcela se incumpren, os artigos 21 e 21.ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de acordo ca seguinte táboa:

Número de

expediente

Referencia catastral

Data da acta de inspección

Artigo incumprido da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

93/2023

32026A011010010000TL

30.6.2023,

21.6.2024

Artigo 21, artigo 21.ter.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tras intentarse a notificación ás persoas responsables sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Cenlle, mediante o presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento polos titulares responsables que a seguir se indican da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Responsable (NIF do responsable anonimizado pola LOPD)

Título polo cal é responsable

Provincia/concello/ parroquia

Lugar/polígono/parcela/ nome da parcela ou lugar

32026A011010010000TL

Veciños de Razamonde

Certificación catastral

Ourense/Cenlle/Razamonde

Razamonde/polígono 11/parcela 1001/Don Carlos

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto nos artigos 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido nos artigos 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir ás seguintes persoas responsables para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), procedan á xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 sinalada anteriormente.

Segundo. Advertir que, no caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, se poderán impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración se poderá verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do dito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes, co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Número de expediente

Referencia catastral

ha afectadas pola execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación

provisional

93/2023

32026A011010010000TL

1,3092 ha

3.953,15 €/ha

5.175,47 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas, co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/20007.

a) A Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoacións no ámbito da consellería con competencia en materia forestal.

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Realizarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión; neste último caso, deberá presentar reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Conforme o establecido nos artigos 22.3 da Lei 3/2007, e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación dos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo, a notificación enténdese feita.

O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante e nas súas oficinas.

Cenlle, 3 de xuño de 2024

Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa