DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 40002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para dúas prazas de administrativo/a (C1) da oferta de emprego de 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 104, do 30 de maio de 2024, publícanse as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía 891/2024, do 23 de maio de 2024, relativas á seguinte convocatoria:

Dúas (2) prazas de administrativo/a, grupo C, subgrupo C1, pertenecente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Betanzos, 7 de xuño de 2024

María Barral Varela
Alcaldesa