DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 40010

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de auxiliar administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 105, do 31 de maio de 2024, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de auxiliar administrativo/a, pertencente á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2, vacante no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois desta publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 7 de xuño de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal