DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración no expediente expropiatorio IN407A 2022/318-1.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no anexo a data de ocupación e o requirimento da súa folla de valoración no expediente IN407A 2022/318-1, no proxecto LMT, CT e RBT, no lugar de Cañás, concello de Carral.

A persoa propietaria de dereitos ou intereses lexítimos pode obter unha copia da acta previa e mais do depósito previo, no Departamento de Expropiacións da Dirección Territorial na Coruña da Consellería de Economía e Industria, no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, solicitando cita previa no teléfono 981 18 23 78.

A Coruña, 18 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Predio número 2. Encarna Caramelo Bello.