DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se ordena retrotraer a tramitación do expediente de expropiacións IN407A 2010/268-1 ao momento de notificación do acto de ocupación e requirimento das follas de valoración de varios predios no concello de Teo.

Despois de comprobar que, por mor dun erro, non lle foi comunicado ás persoas titulares dos predios número 78, 81, 84, 87, 88 e 101 do expediente IN407A 2010/268-1 (Lousame-Tivo) o acto de ocupación e requirimento da folla de valoración. En consecuencia, retrotáese para estes predios o procedemento ata a fase indicada.

A copia da acta previa e da folla do depósito están ao dispor das persoas titulares no departamento de expropiacións da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 17 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO I

Relación de persoas interesadas

Predio núm. 78: Herdeiros de Javier Gómez Rodríguez.

Predio núm. 81: Ramón Seage Prada.

Predio núm. 84: José Ríos Noya.

Predio núm. 87: María Alfonso Beis.

Predio núm. 88: Brenda e Olalla Carrillo Campelo. Herdeiros de Manuela Solla Tarela.

Predio núm. 101: María Puente Núñez.