DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouse pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de xuño de 2024

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial do Instituto Galego
da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto obxecto de notificación

VP-C 026/2023

44830818T

Resolución

VP-C 073/2023

33171728R

Resolución

VP-C 074/2023

B72408248

Resolución

VP-C 076/2023

33171728R

Resolución