DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 28 de xuño de 2024 Páx. 39993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, da Mesa de Valoración de Ourense, polo que se comunica a data do acto de poxa pública relativa ao procedemento de adxudicación, en réxime de compravenda ou alugueiro, de locais de negocio e prazas de garaxe propiedade deste instituto.

O 9 de abril do 2024 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de marzo de 2024, pola que se anunciaba o procedemento de adxudicación, mediante poxa, en réxime de compravenda ou alugueiro, de locais de negocio e prazas de garaxe propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De acordo co previsto na cláusula 10.2 do prego de condicións que regula o mencionado procedemento, así como no punto 8 da citada Resolución do 15 de marzo de 2024, «O acto da poxa será público e a súa realización levarase a cabo no lugar, na data e na hora que se indique no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web do IGVS:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/350».

Tendo en conta o anterior, faise público que a apertura das ofertas económicas presentadas no sobre número 2 polas persoas ofertantes e o acto de poxa pública terán lugar o día 5 de xullo de 2024, ás 9.30 horas, na Sala de Xuntas da Área Provincial do IGVS de Ourense, que ten a súa sede no edificio situado na rúa Sáenz Díez, número 1, 32003 Ourense.

O importe dos gastos deste anuncio será por conta das persoas adxudicatarias, rateado proporcionalmente.

Ourense, 11 de xuño de 2024

A presidenta da Mesa de valoración de Ourense
P.S. (Resolución do 21.5.2024)
María de los Ángeles Mosqueira Vidal
Xefa do Servizo Técnico