DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 27 de xuño de 2024 Páx. 39655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da construción da rede de gas e a súa adaptación para a inxección de biometano á rede RAA-I024, no concello do Porriño (expediente IN627A 2024/001-4).

En cumprimento do disposto no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista que se describe:

Solicitante: Nedgia, S.A. (NIF A66560152).

Domicilio para os efectos de notificación: rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Infraestrutura gasista: construción da rede de gas e a súa adaptación para a inxección de biometano á rede RAA-I024 Aceiro DN 6” MOP 16 bar.

Situación: polígono industrial As Gándaras, no concello do Porriño (Pontevedra).

Obxecto da instalación: inxectar o biometano producido na industria Toca Salgado, S.L. (Toysal), situada no polígono industrial As Gándaras, na rede de distribución de gas natural.

Instalacións proxectadas: construción dunha nova rede de gas natural mediante unha tubaxe AC DN 4” de 8 metros de lonxitude, presión de deseño 16 bar, caudal 458 m3 (n)/h; instalación dun módulo de inxección; e inserción dunha válvula de seguridade de bola AC DN 4” PN16.

Percorrido da instalación: desde a empresa Toysal, S.L. (referencia catastral 1135038NG3613S0001YF) ata a rede existente RAA-I024 de propiedade de Nedgia Galicia, S.A.

Orzamento: 267.793,72 €.

Documentación que se expón: proxecto de execución e o estudo de seguridade e saúde integrado da referida infraestrutura gasista, asinados o 20.3.2024 pola enxeñeira técnica industrial Alejandra Risco Barba (colexiada nº 25430 do COITIM).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as alegacións ou as observacións que consideren oportunas no prazo de vinte (20) días, que contará a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A documentación poderase examinar na Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avenida Mª Vitoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra) e no portal de transparencia desta consellería a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

Pontevedra, 23 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra