De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede deste departamento territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
Pontevedra, 14 de xuño de 2023
O director territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 137/2024, do 20 de maio; DOG do 27 de maio)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado |
PO-RES-2024-011 PO-RES-2024-017 |
Daniel Rodríguez Pereira Iordan Baearam |
Resolución Resolución |
Polo director territorial Polo director territorial |