De conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia e se convocan para 2024-2025 e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar as axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira polo importe de dous millóns dous centos oitenta mil euros (2.280.000,00 €). As entidades que resultaron beneficiarias foron 63 e relaciónanse no anexo I: importes de axuda adxudicada ás ADSG 2024-2025, cos importes que se especifican.
A ADSG Coruña Oeste, aínda cumprindo cos requisitos establecidos para ser beneficiaria, non percibirá axuda por esgotamento do crédito.
Segundo. Informar dos seguintes aspectos:
1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) de Galicia e se convocan para 2024-2025 (código de procedemento MR237B).
2. Aplicación orzamentaria:
a) Para o ano 2024: 14.04.713E.470.0, dotada para esta finalidade con 1.079.850,00 euros.
b) Para o ano 2025: 14.04.713E.470.0, dotada para esta finalidade con 1.200.150,00 euros.
A dotación orzamentaria da orde de que derivan estas axudas procede dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (2.280.000,00 euros).
3. Obxecto: a orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para o desenvolvemento dos programas sanitarios establecidos no anexo VII da citada orde (MR237B).
4. Beneficiarias: as entidades asociativas recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no Rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido nesta orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
5. Modificación das axudas: a modificación das condicións tidas en conta para a concesión da axuda poderán dar lugar á modificación do seu importe.
En todo caso, o aboamento da axuda estará condicionado ao cumprimento do programa proposto, de acordo coa norma reguladora. Tendo en conta as circunstancias de xestión e execución do programa, a presentación das xustificacións da realización deste deberá facerse segundo o prazo marcado no artigo 21 da devandita norma reguladora.
6. Prazos para xustificar: ata o 10 de decembro de 2024, xustificarase o gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 30 de novembro de 2024. O resto do gasto subvencionable realizado ata o 28 de febreiro de 2025 poderá xustificarse ata o 10 de marzo de 2025.
Xunto coas solicitudes de axuda, as 63 entidades beneficiarias solicitaron o anticipo do 47,36184 % da axuda adxudicada segundo se establece no artigo 6.5 da citada orde.
7. Recursos: contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
1. ADSG beneficiarias e subvención.
NIF |
Nome da agrupación |
Axuda total adxudicada |
Axuda 1ª liña: persoal veterinario |
Axuda 2ª liña: material funxible |
G27441278 |
ADSG A Lagoa |
29.800,00 |
29.800,00 |
0,00 |
G27427384 |
ADSG A Mariña |
23.860,70 |
23.860,70 |
0,00 |
G27300953 |
ADSG A Pastoriza |
63.600,00 |
63.600,00 |
0,00 |
G32360018 |
ADSG Acivo |
48.713,50 |
48.713,50 |
0,00 |
G15084601 |
ADSG Agavi |
49,35 |
49,35 |
0,00 |
F27317593 |
ADSG Aira, S.C.G. |
106.000,00 |
106.000,00 |
0,00 |
G32291668 |
ADSG Asociación Agrogandeira A Veiga |
23.200,00 |
23.200,00 |
0,00 |
V36366060 |
ADSG Avicultura, Recría e Posta |
13.647,00 |
13.647,00 |
0,00 |
G27290774 |
ADSG Becerreá |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G27315084 |
ADSG Bubela |
26.200,00 |
26.200,00 |
0,00 |
G27301704 |
ADSG Castelo Verde |
51.000,00 |
51.000,00 |
0,00 |
G27314947 |
ADSG Castro de Rei |
68.906,20 |
68.906,20 |
0,00 |
F70509096 |
ADSG CLUN, S.C.G. |
42.400,00 |
42.400,00 |
0,00 |
G32141657 |
ADSG Colaboradores de Saprogal |
6.981,48 |
6.981,48 |
0,00 |
F70305032 |
ADSG Coreber, S.C.G. |
8.600,00 |
8.600,00 |
0,00 |
V15469034 |
ADSG Coruña Centro |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G15477284 |
ADSG Coruña Costa |
20.262,96 |
20.262,96 |
0,00 |
G15524945 |
ADSG Coruña Sur |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G70172085 |
ADSG Costa da Morte |
64.200,00 |
64.200,00 |
0,00 |
G15914708 |
ADSG Curtis |
42.400,00 |
42.400,00 |
0,00 |
G32285579 |
ADSG Avicultores de Ourense |
17.200,00 |
17.200,00 |
0,00 |
V36037851 |
ADSG Gando Porcino de Silleda |
63.600,00 |
63.600,00 |
0,00 |
G15932379 |
ADSG Gando Vacún de Boimorto |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G15920739 |
ADSG Gando Vacún de Mesía |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G15941669 |
ADSG Gando Vacún de Touro |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G15932387 |
ADSG do Gando Vacún Terras do Queixo |
27.595,00 |
27.595,00 |
0,00 |
G15972714 |
ADSG Encoro do Eume |
13.530,67 |
13.530,67 |
0,00 |
G27302835 |
ADSG Fonsega |
41.261,04 |
41.261,04 |
0,00 |
G27414465 |
ADSG Galicia Centro |
127.200,00 |
127.200,00 |
0,00 |
G27317569 |
ADSG Gandeiros de Pol |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G27302728 |
ADSG Gandeiros do Corgo |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G70391206 |
ADSG Gando Vacún de Frades |
29.800,00 |
29.800,00 |
0,00 |
G15927163 |
ADSG Gandosán |
5.306,20 |
5.306,20 |
0,00 |
F27013739 |
ADSG Lemos, S.C.G. |
51.000,00 |
51.000,00 |
0,00 |
G32347015 |
ADSG Macizo Central Ourensán |
17.200,00 |
17.200,00 |
0,00 |
G15975220 |
ADSG Mandeume |
8.600,00 |
8.600,00 |
0,00 |
G15975238 |
ADSG Mazaricos |
59.600,00 |
59.600,00 |
0,00 |
G27430354 |
ADSG Miño Eo |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G27426394 |
ADSG Montaña Lucense |
58.000,00 |
58.000,00 |
0,00 |
G15970023 |
ADSG Nicraria Barcalesa |
29.800,00 |
29.800,00 |
0,00 |
G70323282 |
ADSG O Cruceiro |
51.000,00 |
51.000,00 |
0,00 |
G27302439 |
ADSG O Páramo |
28.140,20 |
28.140,20 |
0,00 |
G70278148 |
ADSG Ortegal |
8.600,00 |
8.600,00 |
0,00 |
G27301936 |
ADSG Paradela |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
G70024401 |
ADSG Pico Sacro Ulla |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
V36219582 |
ADSG Porcino do Deza |
21.200,00 |
21.200,00 |
0,00 |
V27282938 |
ADSG Porcino Lugo Centro Norte |
42.400,00 |
42.400,00 |
0,00 |
G27283043 |
ADSG Porcino Lugo Sur |
20.252,36 |
20.252,36 |
0,00 |
G32285595 |
ADSG Produtores de Pavos de Ourense e Lugo |
8.600,00 |
8.600,00 |
0,00 |
G32308843 |
ADSG Produtores de Porcino de Ourense |
57.879,00 |
57.879,00 |
0,00 |
G27355304 |
ADSG Río Narla |
42.183,00 |
42.183,00 |
0,00 |
G27442748 |
ADSG Río Neira |
64.200,00 |
64.200,00 |
0,00 |
G32332819 |
ADSG San Mamede de Maceda |
24.976,48 |
24.976,48 |
0,00 |
G70320759 |
ADSG Sandogán |
89.400,00 |
89.400,00 |
0,00 |
G15966617 |
ADSG Santa Comba |
38.400,00 |
38.400,00 |
0,00 |
G27286855 |
ADSG Santa Isabel |
21.072,80 |
21.072,80 |
0,00 |
G27495522 |
ADSG Sarria |
47.000,00 |
47.000,00 |
0,00 |
F36559003 |
ADSG Sercuni, S.C.G. |
15.112,00 |
15.112,00 |
0,00 |
G27383777 |
ADSG Suarna |
5.212,12 |
5.212,12 |
0,00 |
G27465459 |
ADSG Terras da Ulloa Pallares |
72.200,00 |
72.200,00 |
0,00 |
G27290170 |
ADSG Trimaz |
33.988,24 |
33.988,24 |
0,00 |
G27371954 |
ADSG Vilám |
38.269,70 |
38.269,70 |
0,00 |
V36455921 |
ADSG Xundeva |
127.200,00 |
127.200,00 |
0,00 |
2. ADSG non beneficiaria por esgotamento do orzamento.
G15961956 |
ADSG Coruña Oeste |
0,00 |
0,00 |
0,00 |