DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39385

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 14 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 26 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para prover, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, no prazo de quince (15) días hábiles que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado á Comunidade Autónoma, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia ou dun mes se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir na data que especifique a orde pola cal se resolverá a convocatoria. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse tamén desde a dita data.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses que se contarán a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO I

Código: INO110000015770001.

Consellería: Emprego, Comercio e Emigración.

Denominación do posto: subdirector/a xeral.

Centro de destino: Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 30.

Complemento específico: 24.666,32 €.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a persoal funcionario da Xunta de Galicia).

missing image file