DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39384

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galicia do 7 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG do 2 de xaneiro de 2024), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG do 7 de xullo),

ACORDA:

De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 3 de xullo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán presentarse provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou doutro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal