DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 26 de xuño de 2024 Páx. 39265

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 44.04.324C.781.9 destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802L).

Mediante a Orde de 29 de decembro de 2023, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024, establecéronse as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e procedeuse á súa convocatoria para a anualidade 2024.

A citada Orde do 29 de decembro de 2023, establece no seu artigo 16 que a concesión das subvencións se realizará en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

O día 11 de xuño de 2024, publicouse no DOG núm. 112, a Resolución do 30 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Orde do 29 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024, quedando a aplicación orzamentaria 44.04.324C.781.9 con un importe total de 216.786,89 €.

Pola súa parte, o artigo 29 da mesma Orde do 29 de decembro de 2023, establece que no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados a estas axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2023, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024, na aplicación orzamentaria 44.04.324C.781.9 a que se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 1, 2, 4, 5, 6, 7 e 11 do artigo 6 das bases reguladoras para as entidades beneficiarias que non teñan fin de lucro,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na devandita Orde do 29 de decembro de 2023 quedou esgotado na aplicación orzamentaria 44.04.324C.781.9 na data do 26 de xaneiro de 2024 coa solicitude presentada ás 13.56 horas.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social