DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39026

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 24 de xuño polo que se corrixe un erro do Anuncio do 18 de xuño de 2024 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador.

Detectado erro no anuncio de 18 de xuño de 2024 (DOG número 121, do 24 de xuño) polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador, atendendo ao establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, e en concordancia co establecido na propia convocatoria anunciada, procédese a facer a seguinte corrección:

Na páxina 38636, onde di:

«O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria».

Debe dicir:

«O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria».

Vigo, 24 de xuño de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo