DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39025

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 pola que se integra a Luis López López, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, establece na súa disposición adicional décima primeira que os profesores e profesoras titulares de escola universitaria que, no momento da entrada en vigor desta lei orgánica, posúan o título de doutor ou doutora ou o obteñan con posterioridade, e estean acreditados especificamente no marco do previsto polo artigo 69, accederán directamente ao corpo de profesores/as titulares de universidade, nas súas propias prazas.

Unha vez solicitada por Luis López López, con DNI núm. ***9971**, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Enfermaría, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade, e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Enfermaría, con efectos económicos e administrativos do 14 de xuño de 2024.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE de 2 de outubro).

A Coruña, 14 de xuño de 2024

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
P.D. (Resolución do 16.1.2024)