DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 25 de xuño de 2024 Páx. 39103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de xuño de 2024 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-24-349 e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles ao denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para resolver o expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispón dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propor proba ante o instrutor. Concretará os medios de que se pretenda valer e citará o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderá formular alegacións e achegar os documentos que considere convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria. O pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso na vía administrativa.

Por outra banda, dispoñen dun prazo máximo de 10 días, contado desde a publicación do presente acordo, para identificarse, no caso de que non fosen vostedes os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, e indicarán o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI da persoa denunciada

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-24-349

3994-HMY

Gardapeiraos

76510549Z

Estacionamento prohibido

22.4.2024; 19.19 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-354

0098-DJR

Gardapeiraos

33079328S

Estacionamento prohibido

26.4.2024; 15.39 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-360

7124-DHM

Gardapeiraos

53480559Q

Estacionamento prohibido

24.4.2024; 18.52 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-367

C-8186-BVY

Pafif

41332175W

Estacionamento prohibido

27.4.2024; 11.36 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-378

2686-LDW

Gardapeiraos

32830812Z

Estacionamento prohibido

30.4.2024; 10.52 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-19-24-03

7ª-VI-5-48-92

Gardapeiraos

35976237M

Varada sen autorización

11.4.2024; 13.00 horas

Aldán (Pontevedra)

Art. 131.a) e d) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-128

6476-MDZ

Pafif

24835197G

Estacionamento prohibido

3.2.2024

15.30 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-143

3639-JBS

Pafif

B-54568225

Estacionamento prohibido

13.4.2024; 20.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-144

6872-FNG

Pafif

36135684Q

Estacionamento prohibido

13.4.2024; 20.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-157

0757-BSZ

Pafif

35572771X

Estacionamento prohibido

22.4.2024; 16.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-158

8350-FDV

Pafif

35584820W

Estacionamento prohibido

22.4.2024; 16.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €