DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38556

IV. Oposicións e concursos

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022.

Unha vez convocado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a, da entidade pública empresarial Augas de Galicia, pola Resolución da Dirección Xeral de Augas de Galicia do 28 de decembro de 2022 (anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta dirección

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a, da entidade pública empresarial Augas de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Tribunal titular

Presidencia:

– Rubén Curros Bermúdez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

Secretaría:

– Silvia Castro García, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogalías:

– Agustín Hernández Fernández de Rojas, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

– Ignacio Maestro Saavedra, persoal funcionario da escala de técnicos facultativos superiores de organismos autónomos, subgrupo A1.

– José Ángel Someso Anguita, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente

Presidencia:

– Roberto Arias Sánchez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

Secretaría:

– Belén García Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogalías:

– María Carmen Quintero Serrano, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

– Rocío Carreira Carral, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.

– Néstor Rodríguez Arias, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, subgrupo A1.