DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38553

IV. Oposicións e concursos

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024 pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría IV do grupo I, xefe/a de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a.

De conformidade co establecido na base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (anuncio no DOG núm. 248, do 30 de decembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría IV do grupo I, xefe/a de sección; na categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a; e na categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a, da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

As listaxes das persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figuran como anexo a esta resolución.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superaren o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

Declarar a todas as persoas aspirantes admitidas exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega, logo de acreditaren posuír, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego exixido para cada grupo e categoría.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da dirección de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Categoría IV do grupo I, xefe/a de sección

Relación de persoas aspirantes admitidas

Apelidos e nome

NIF

Bosquet Herreros, Alberto

***6933**

Mosquera Barreiro, Olalla

***2435**

Botana Soto, Sonia

***3144**

Amil Lareo, Ignacio Manuel

***2826**

Fernández Núñez, Laura María

***0511**

Valladares López, Leticia

***1087**

Ojea Castro, Beatriz

***2489**

Gómez Traba, Víctor Manuel

***1294**

Bao Rodríguez, Eddy

***8940**

Bugallo Varela, Flora María

***6509**

Beneyto González-Baylin, María Carmen

***2612**

Robleda Llorente, Paula María

***8956**

Benavides González, Rubén Enrique

***2801**

Pastur García, María

***3105**

Valladares López, Natalia

***1088**

Pérez Mosquera, Sandra María

***9951**

Relación de persoas aspirantes excluídas

Non figura ningún aspirante excluído/a.

Categoría I do grupo II, enxeñeiro/a técnico/a informático/a

Relación de persoas aspirantes admitidas

Apelidos e nome

NIF

Gonzalez Otero, Santiago

***8859**

Lamas Fernández, Antonio

***2145**

Santoalla Lorenzo, Ana Belén

***3127**

Relación de persoas aspirantes excluídas

Non figura ningún aspirante excluído/a.

Categoría III do grupo IV, auxiliar administrativo/a

Relación de persoas aspirantes admitidas

Apelidos e nome

NIF

Reyes Martínez, Carolina

***1968**

Fernández Alcol, Marina

***9793**

Baliña López, Paula

***5980**

Balea Campo, Manuela

***1846**

Sánchez Sánchez, Mª Pilar

***8578**

Vázquez Rodríguez, Mª Josefa

***4642**

Souto Fidalgo, Mª Belén

***0160**

Vidal Lago, María del Mar

***8458**

Sobradelo Vicente, Paula

***3602**

Relación de persoas aspirantes excluídas

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Iglesias Domínguez, Francisco Javier

***3406**

Solicitude presentada fóra de prazo