DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cospeito (expediente IN407A 2023/337-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: enlace LAT Cospeito – LAT Nete (CT Coutado – CT Caldaloba).

Situación: concello de Cospeito.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Cospeito, con orixe no novo apoio 7 (A25842) tipo C-3000/14 e final no apoio 8 tipo C-2000/14, cunha lonxitude de 93 metros, en condutor tipo LA-56.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cospeito en dobre circuíto, con orixe no apoio 8 proxectado da LAT 20 kV Cospeito e final no novo CT prefabricado Coutado, cunha lonxitude de 145 metros cada circuíto, en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV enlace LAT Cospeito – LAT Nete, con orixe no CT Coutado proxectado e final no novo CT Caldaloba proxectado, cunha lonxitude de 1.450 metros, en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Nete, con orixe no apoio existente A36688 da LAT Nete e final no CT Caldaloba proxectado, cunha lonxitude de 40 metros, en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado Coutado, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 50 kVA, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado Caldaloba, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 250 kVA, no cal se instalan dos celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe do apoio A25842 da LAT Cospeito e de 103 e 92 metros de condutor tipo LA-56, desmontaxe do apoio e da aparellaxe do CTI 8737 Coutado e do centro de transformación prefabricado baixo poste 1631 Caldaloba.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 395.097,20 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Cospeito.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 12 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo