DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2020/92-1, no concello de Arteixo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar..», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT, LAR707 apoio 118, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2020/92-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.

A Coruña, 11 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/92-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT, LAR707 apoio 118.

Concello: Arteixo.

Predio

Parcela

Polígono

Titularidade proposta

Data

Hora

1

30

50

Descoñecida

2.9.2024

10.00