DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle na parcela 27039A03000638, na parroquia de Francos.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de decembro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para o axuste de aliñacións na parcela 27039A03000638, no núcleo de Francos, parroquia de Francos, presentado por Constantino Casanova Quiñoa.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva, notificalo na forma prevista na lexislación aplicable e dar conta á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, de conformidade co artigo 88 da LSG e 209 do RSG, á vez que se dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Contra o citado acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado na páxina do concello https://outeiroderei.sedelectronica.gal/transparency/

Outeiro de Rei, 29 de maio de 2024

José Pardo Lombao
Alcalde