DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente INC-CO-0069-2023 LSA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 10 de xuño de 2024

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0069-2023 LSA.

DNI denunciado: 52931443W.

Acto de notificación: resolución.