DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/391-4).

Expediente: IN407A 2023/391-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: desmantelamento LMT SDM702 na derivación aos CCTT Veimsa e Automoto.

Concello: Vigo.

Feitos:

1. O 17.7.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada desmantelamento LMT SDM702 na derivación aos CCTT Veimsa e Automoto.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 4.568,66 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na retirada da liña de media tensión aérea SDM702 que alimenta os centros de transformación Automoto (36P659) e Veimsa (36P640). As actuacións están previstas no lugar de Vilar, na parroquia de Lavadores, no concello de Vigo (Pontevedra).

2. Esta dirección territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Desmontaxe da liña de media tensión aérea (LMTA) SDM702 que alimenta os centros de transformación particulares Automoto (36P659) e Veimsa (36P640) en dúas actuacións. A primeira é de 221 metros de condutor Cu espido, desde o apoio 9XGTVX4J//36CBC7-1 ata o apoio 9XEW30OF//36CBC7-6; e a segunda é de 140 metros de condutor LA-30, desde o apoio 9XEW30OF//36CBC7-6 ata o apoio 9XCXGL2A//36CBC7-10-CT.

– Retirada do apoio de chapa 9XGTVX4J//36CBC7-1 e dos apoios de formigón 9XGUNE6J//36CBC7-2 (tamén do XS 36HL48), 9XGMFIMN//36CBC7-3, 9XGGG09O//36CBC7-4, 9XG5XRKO//36CBC7-5, 9XEW30OF//36CBC7-6, 9XE6LWWI//36CBC7-7, 9XE2UPMW//36CBC7-8 (tamén XS 36H620) e 9XDEFG4I//36CBC7-9.

– Retirada do XS 36HX93 do apoio de formigón 9XCXGL2A//36CBC7-10-CT.

– No tramo da liña de media tensión subterránea (LMTS) SDM7020240 déixase sen servizo un total de 127 metros desde o CT Vilar (36CBC7) ata a arqueta existente, ademais se retiran 22 metros desde a arqueta existente ata o apoio 9XGTVX4J//36CBC7-1.

A instalación que se desmonta está situada en Vilar, na parroquia de Lavadores, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada desmantelamento LMT SDM702 na derivación aos CCTT Veimsa e Automoto, expediente IN407A 2023/391-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para o peche das instalacións será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez desmanteladas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de peche das instalacións ante esta dirección territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a desmontaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 30 de maio de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra