DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 37848

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A).

BDNS (Identif.): 768614.

De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) e 17.3.b) da Lei 38/2003, do 17 de no-vembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que no curso académico 2024/25 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúna os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.

Segundo. Obxecto

Regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar, de forma gratuíta ou bonificada, as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 19 de xullo de 2024 (este incluído).

b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2024 (este incluído).

2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 2 e o 6 de setembro de 2024, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional